Nélida Zaitegi, pedagoga
Educación para a convivencia e resolución de conflictos.
Nélida aportóunos moita enerxía, ledicia e inspiración no parladoiro da Costa da Morte. Gracias
Un proceso participativo de co-creación para atopar solucións que poñan en valor os recursos propios e fomentar a cohesión social.
Coa responsabilidade de atopar nós mesmas, as persoas protagonistas, os camiños para convivir na aldea que queremos.
Dinamizar a comunidade
Traballando de igual a igual cos colectivos activos e axudando a reactivar aos outros: Asociacións de veciñ@s, familias de estudantes, culturais, sanitarias, ambientais, agro-ecolóxicas, tecnolóxicas, etc.
Cunha metodoloxía que nos involucra como persoas, xerando unha corrente de cambio durante o proceso.
Transmitindo a importancia do traballo cooperativo e a participación social para transformar as dinámicas e rutinas paralizadantes
Posibilitando canles de comunicación on-line e o -line que acheguen a xente da aldea
Comunicando unha imaxe do entorno, idiosincrasia e recursos valiosos que queremos coidar e potenciar
Establecémonos nunha pequena aldea da comarca de Bergantiños, na Costa da Morte, e constituímos unha asociación de desenvolvemento rural chamada amodo.
Titorizada por Alma Natura, unha empresa de desenvolvemento rural con 20 anos de experiencia. https://almanatura.com/
Traballamos dende as aldeas coas asociacións, deseñando alianzas públicas / privadas para capacitar ás persoas en seis áreas de actuación:
Igualdade: xénero, economía e oportunidades
Saúde / diversidade funcional
Educación de calidade
Emprego digno
Sociocultural
Tecnoloxía e innovación
Estamos a falar cos colectivos e xente das aldeas para establecer liñas de traballo que nos posibiliten o deseño dun plan de dinamización do espazo “dun novo tempo na aldea”que nos permita xerar, cos recursos que temos, unha achega de mellora e un marco de traballo que dea resposta, aos poucos, ás nosas necesidades e inquietudes.
Xerando testemuños, conversacións en primeira persoa. Facéndonos co-responsables da nosa realidade cunha mensaxe baseada principalmente nas emocións que nos achega a vida na aldea, creando un mapa de empatía. Vendo así, nunha foto, o que pensamos, o que sentimos, o que escoitamos, o que vemos, o que dicimos e o que facemos. Facer visible cales son os medos e cales son os resultados e os beneficios
Ao mesmo tempo traballando nas tarefas de investigación e recompilación de materiais e testemuños sobre a historia e a realidade das persoas nas aldeas, analizando posibles recursos, detectando novas oportunidades, debilidades, ameazas ou fortalezas que nos axuden a mellorar a nosa vida.
Un proceso de dinamización social no que traballamos xuntos nos nosos propios intereses e inquietudes no desenvolvemento dun plan de dinamización da aldea coa axuda de institucións públicas e privadas que decidan involucrarse.
Xerando cambios no modelo de sociedade para afrontar as necesidades do noso futuro.
Isolina, unha muller moi implicada socialmente na súa comunidade, unha economista con 20 anos de experiencia profesional e moita dedicación en formación e emprego.
Lola, educadora social con 15 anos de experiencia como orientadora laboral no campo da discapacidade, con varios postos de responsabilidade no mundo asociativo, moito traballo en igualdade e activista por unha educación de calidade.
Óscar, deseñador de servizos, con 30 anos de experiencia profesional como facilitador de procesos creativos aplicando a metodoloxía de Design Thinking en equipos interdisciplinarios e involucrando institucións públicas e privadas nos procesos.
Para o desenvolvemento deste proxecto aplicamos a metodoloxía Design Thinking. Consiste nun proxecto de traballo práctico de co-creación, interdisciplinar e participativo centrado na persoa.
Un proceso de innovación impulsada pola observación directa, coñecendo e sendo conscientes de como é o noso día a día na nosa vida en comunidade (mapas de empatía, mapas de experiencia). Poñéndonos no lugar da outra persoa, entendendo o que queremos, o que necesitamos, como nos sentimos, que nos gusta e o que non queremos.
É unha metodoloxía circular na que facemos un proceso de empatía, definimos, xeramos ideas, probámolas, avaliámolas e comezamos a traballar aprendendo dos erros. É unha metodoloxía que xera unha forma diferente de abordar os retos.
A nosa proposta é mellorar a vida das persoas no rural e fixar poboación nas aldeas.